11 de xan. de 2016

GOIÁN

CINEMA

Pride, unha comedia británica no Cineclub Poleiro 

A sesión será o xoves día 14 de xaneiro, ás 21:30 h., no Auditoio de Goián


Cineclub Poleiro / Goián

 O próximo xoves, día 14 de xaneiro, ás 21:30 horas, no Auditorio de Goián, o Cineclub Poleiro proxecta Pride, de Matthew Warchus.  

 Pride (Orgullo) é unha comedia dramática británica baseada en feitos reais que trata a homosexualidade.  

 En 1984, sendo primeira ministra Margaret Thatcher, o Sindicato Nacional de Mineiros convoca unha folga. Un grupo de gays e lesbianas recauda fondos para axudar ás familias dos traballadores na manifestación do orgullo Gay en Londres pero o sindicato rexeita os cartos. O grupo decide poñerse en contacto directo cos mineiros e van a unha localidade de Gales. O contraste entre o grupo londinense, todo cor, co gris que envolve a localidade mineira, provoca momentos brillantes.   

 Pride pecha o primeiro ciclo da tempada. 

 Estamos elaborando o segundo ciclo, catro películas de febreiro a maio    

 O Cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario