O Concello entrega case 1.000 quilos de tapóns ao Banco de Tapóns do Baixo Miño
Os tapóns estaban foron recollidos no Punto Limpo da localidade
Na imaxe, o concelleiro de Servizos e os operarios do Banco de Tapons do Baixo Miño, no intre de carregar os tapons no Punto Limpo do Concello de A Guarda
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Esta semana, o Concello de A Guarda fixo entrega aos traballadores do Banco de Tapóns do Baixo Miño, de case 1.000 quilos de tapóns que se foron recollendo ao longo do ano grazas a solidariedade dos veciños da localidade.
Estes tapóns, como é habitual, terá como finalidade axudar a tres nenos, Cristian, Sofía e Alejandro, nos seus tratamentos e necesidades.
Este tipo de actividade lévase desenrolando dende o Concello de A Guarda dende hai moitos anos. Así, incluso foron entregados varias toneladas tapóns para costear a prótese de man que precisaba Diogo Farinhoto, neno de dous anos de Portugal.
Os tapóns estaban foron recollidos no Punto Limpo da localidade.
O Concello de A Guarda convida aos veciños da localidade a continuar a súa labor solidaria e entregar os seus tapóns para reciclar e axudar a nenos que padezan algún tipo de discapacidade. O lugar onde depositar estes tapóns é o Punto Limpo.
Desde o executivo municipal do concello, "quérese destacar unha vez máis, a solidariedade e compromiso de todos os habitantes de A Guarda".
Ningún comentario:
Publicar un comentario