12 de xan. de 2016

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA PROPÓN MEDIDAS DE AFORRO ECONÓMICO NA XESTIÓN DO PADROADO MUNICIPAL MONTE SANTA TREGA


Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega na Corporación Municipal de a Guarda


Infogauda / A Guarda

 En data 05.01.2015, e Rexistro de Entrada nº 02, Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega, presentou no Concello de A Guarda, á seguinte moción:


MODIFICACIÓN DE HORARIOS DE CELEBRACIÓN DE XUNTAS PADROADO MUNICIPAL MONTE SANTA TREGA

 Nestes momentos de crise económica que está sufrindo a sociedade e as institucións municipais, sendo a resposta máis habitual cando calquer veciño/a se acerca o Concello en busca de arranxar algún problema, é “(...) queda para máis adiante, agora non hai cartos? tendo que as xuntanzas do Padroado Municipal Monte Santa Trega cada vez son máis escasas, pero os custos “administrativos” siguen sendo igual que cando se celebraban 4-6 reunións, (hoxe, unha ou dúas, e iso porque hai que aprobalos presupostos, senón nin iso), ademais de que o papeleo de contratos, nóminas, baixas e partes médicos se tramitan por medio dunha xestoría dende fai anos, o que conleva que o traballo, tanto administrativo como financieiro non conleva nún dos casos máis que unhas horas e no outro de 4 a 5 días máximos anuais; dende Converxencia Galega, vimos a propoñer o Pleno do Concello de A Guarda a seguinte Moción para o seu debate, e aprobación si procede:

a).- As xuntanzas do Padroado Municipal Monte de Santa Trega se celebrarán en horas matutinas, dentro do horario de funcionamento normal do Concello, sendo compensado o persoal municipal con días descanso e sen gratificación económica. 

b).- As horas consumidas na elaboración de actas, de contas e presupostos, previa notificación o Sr. Alcalde, serán compensadas da mesma maneira que as Xuntanzas,  si se ten que facer en horario diferente o de funcionamento habitual do Concello, sendo xustificadas por escrito.

                       A Guarda, a 03 de Xaneiro  do 2.016 



Celso R. Fariñas 
Concelleiro de Converxencia Galega 


Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Secretario Acctal. 
Sra. Interventora 
Sr. Concelleiro de Patrimonio 
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario