4 de dec. de 2015

CULTURA

Cultura e Educación celebrará unha homenaxe a Neira Vilas co gallo dos 55 anos de ‘Memorias dun neno labrego’ 

Logo do recente pasamento do escritor cruceño o pasado día 26, a Xunta promoverá unha serie de actividades culturais para conmemorar a un dos autores máis lidos e queridos da nosa terra

Na imaxe de arquivo, Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda nún dos salóns do Hotel El Molino, de Camposancos (A Guarda)
Foto: Ricardo Rodríguez Vicente


Infogauda / Santiago de Compostela

 Con motivo da celebración, o vindeiro día 5 de xaneiro, do 55 aniversario da primeira edición na Editorial Follas Novas de Bos Aires de ‘Memorias dun neno labrego’, o libro que para moitas e moitos rapaces galegos foi o mellor dos agasallos de Reis, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria impulsará ao longo do vindeiro mes de xaneiro varias xornadas cunha serie de actividades culturais arredor da vida e da obra de Xosé Neira Vilas.  

 Os diversos actos terán como colofón un evento central que se levará a cabo na Cidade da Cultura de Galicia. Trátase dun acto cívico para nenos e maiores no que o teatro, a poesía e a música encherán o escenario evocando a figura de Neira Vilas e da súa personaxe máis universal, o neno Balbino, que chegará da man do actor Cándido Pazó. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario