9 de dec. de 2015

A GUARDA

Este xoves celébrase unha xornada de portas abertas na Praza de Abastos


Infogauda / A Guarda

 Este xoves, día 10 de decembro, celébrase unha xornada de portas abertas na Praza de Abastos de A Guarda para convidar a todos os veciños da localidade a coñecer as reformas realizada nas instalacións.  

 Así, a xornada comeza ás 10,30 horas coa apertura das portas e cunha charla enfocada a novos emprendedores na que se falará das posibilidades da praza, das posibilidades de postos e as tendencias que poderían funcionar na praza. 

 Ás 11 horas está programada unha charla de Nutrición, e de 11,30 a 13 hora haberá unha Elaboración e Degustación de diferentes produtos na que destacarán as elaboracións creadas a base de verduras, froitas e froitos secos fronte as carnes e os pescados. 

Na imaxe unha das lonas con vistas do porto de A Guarda, que foron colocadas no interior da Praza de Abastos
Foto: Kina Martínez García

 Este evento ten coma obxectivo dar a coñecer a todos os guardeses as reformas que se tiveron feitas pero tamén para mostrar os diferente produtos que se venden e a maneira de transformalos en comida saudable. Ademais búscase ofrecer a Praza de Abastos coma unha oportunidade de traballo, cunha posibilidade de negocio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario