CONVERXENCIA GALEGA CONSIDERA NECESARIO Á ELABORACIÓN DUNHA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO
O concelleiro Celso R. Fariñas presentou unha moción para "elabora-la ca participación das centrais sindicais, traballadores, axentes sociais e partidos políticos"
Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega
Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda
Para seu debate e aprobación se procede, na vindeira sesión plenaria da Corporación Municipal, o concelleiro Celso R. Fariñas, de Converxencia Galega, presentou no rexistro de entradas do concello de A Guarda, á seguinte moción:
RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO
De
tódolos membros desta Corporación Municipal é coñecida a obligación dos entes
públicos, e polo mesmo, deste Concello, de formar, aprobar e publicala
correspondente Relación de Postos de
Traballo (R.P.T.) conforme a legislación vixente. Neste senso, a Lei
7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, no séu artigo
900.2 establece: “As Corporacións Locais
formarán a relación de tódolos postos de traballo existentes na súa
organización nos termos previstos na legislación básica sobre función pública”.
Doutra parte, a Lei 30/1984, de Medidas para a Reforma
da Función Pública,no séu artigo 15, define as R.P.T.s como o instrumento
técnico a través do cal realízase a ordenación do perosla, dacordo cas necesidades
dos servizos e se precisan os requisitos para o desempeño de cada posto,
establecendo que as mesmas deberán comprender os postos de traballo do persoal
funcionario de cada centro xestor, o número e as características dos que poidan
ser ocupados por persoal eventual ou por personal laboral, e indicarán, en todo caso, a denominación, tipo e sistema
de provisión dos mesmos, os requisitos esixidos para o séu desempeño; o nivel
de complemento de destino e, no seu caso o complemento específico que corresponda
os mesmos, cando haxan de ser desempeñados por persoal funcionario, ou a
categoría profesional e réxime xurídico aplicable cando sexan desempeñados por
persoal laboral.
Do mesmo modo, a Lei 7/2007,
de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, no séu artigo 74,
establece: “As Administracións Públicas
estructurarán a súa organización a través de relaciones de postos de traballo e
outros instrumentos organizativos similares que comprenderan, o menos, a
denominación dos postos, os grupos de clasificación profesional, os corpos ou
escalas, no séu caso, a que estén adscritos, os sistemas de provisión e as
retribucións complementarias. Ditos instrumentos serán públicos”
Dende Converxencia Galega, consideramos que é
necesario a elaboración dunha Relación
de Postos de Traballo (P.P.T.) expresiva da estructura organizativa real do
Concello, tramitando un expediente e traballo relativo o mesmo, e e unha vez
rematado o mesmo, en cumplimento o artigo 127 do Real Decreto Lexislativo
781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións
legais vixentes en materia de Réime Local que establece: “Unha vez aprobada a plantilla e a relación de postos de traballo,
remitirase copia a Administración do Estado, e no séu caso, a Administración
Autonómica respectiva, dentro do prazo de treinta días, sen perxuicio da súa publicación
íntegra no “Boletín Oficial da Provincia”, xunto co resume do Presuposto”.
Por todo-lo exposto, dende Converxencia Galega vimos a presentar para o seu debate e aprobación si
procede, a seguinte MOCIÓN:
PRIMEIRO: Elaborar ca participación das
centrais sindicais, traballadores, axentes sociais e partidos políticos, as liñas xerais para a elaboración dunha Relación
de Postos de Traballo (R.P.T.) de
funcionarios e persoal laboral do Concello de A Guarda así como do Padroado
Municipal Monte de Santa Trega, co contido
sinalado no artigo 74 da lei 7/2007, do Estatuto Básico do Empregado
Público e normas concordantes, engadindo ademais as retribucións brutas de cada
posto de traballo,, con indicación expresa das retribucións básicas,
retribucións complementarias reguladas por normativa estatal e os costes
asociados en concepto de seguridade social, contribución municipal a
mutualidades, seguros ou plans de pensións, etc.
SEGUNDO:
O Concello de A Guarda incorporará aos Presupostos Municipais/2016 a
partida económica necesaria para a contratación dunha Asesoría externa que dé
forma e contido a dita Relación de
Postos de Traballo (R.P.T.)
TERCEIRO:
Publicar a Relación de Postos de
Traballo (R.P.T.) do acordo anterior no Boletín Oficial de Pontevedra e na web
municipal co contido íntegro da mesma.
A
Guarda, a 03 de decembro do 2.015
Celso
R. Fariñas
Concelleiro
de Converxencia Galega
Sr.
Alcalde-Presidente
Concello de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario