9 de dec. de 2015

A GUARDA

THE PRETTY SHIRSTS PRESENTA NOVO DISCO

Sábado 12 de decembro, ás 23:00 h. no Centro Social Fuscalho

Artistas convidados: The Loopholes



Infogauda / A Guarda


 Cando xa estamos preto das festas do Nadal, coidamos que é unha boa época para disfroitar coa música en directo da banda guardesa The Pretty Shirts. Será o vindeiro día 19 de decembro, ás 23:00 horas, no Centro Social Fuscalho. E ademáis, coa participación dos artistas que forman The Loopholes, tamén de A Guarda.

 Ademáis, con entrada de balde. 

NOVO TRABALLO DISCOGRÁFICO DE THE PRETTY SHIRTS
 Para os rebeldes con causa, para os que gostades da música feita nos baixos ou garaxes das vivendas, fora dos circuitos das multinacionais, relembrade que xa podedes mercar o novo disco en formato LP e tamén en CD, da banda The Pretty Shirts,  nos seguintes lugares:

- Discos La Futura e Elepé, en Vigo.
- Éxfico concept store, de A Guarda.
- Delia Records, en Madrid.
- A Reixa Tenda, en Santiago. 

 Tamén mediante no facebook de The Pretty Shirts ou no seguinte correo electrónico: 

 theprettyshirtsrockband@gmail.com

 E non dubidedes en consultarllles polos artigos publitarios de promoción do grupo. Son do trinque!

Ningún comentario:

Publicar un comentario