“A Salina do Seixal” é o tema protagonista da próxima Barferencia de Inverno
A cita é o venres, día 18 de decembro, ás 20,30 na Casa dos Alonso
Infogauda / A Guarda
Este venres, día 18 de decembro, ás 20,30 horas, na Casa dos Alonso (Praza do Reló), terá lugar a terceira das “Barferencias de Inverno” organizadas polo Concello da Guarda coa colaboración da Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM).
Neste caso o tema protagonista será “A Salina do Seixal” e para falar del contaremos con Mar Cortegoso, directora das recentes escavacións realizadas neste enclave costeiro. Cortegoso informará aos presentes dos primeiros resultados obtidos.
Estes traballos, que se levaron a cabo durante os meses de verán, foron financiados pola Dirección Xeral do Patrimonio coa colaboración do Concello da Guarda.
O Concello quere convidar a todos os veciños do municipio a acudir a esta Barferencia para coñecer o estado e a historia destas salinas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario