3 de dec. de 2015

A GUARDA

Este sábado nova sesión de “Contos Contados” na Biblioteca Municipal

As sesións de “Contos Contados” se repetirán o primeiro sábado de cada mes


Infogauda / A Guarda

 O vindeiro sábado, día 5 de decembro, celébrase unha nova sesión de de “Contos Contados” na Biblioteca Municipal de A Guarda. A actividade comezará ás 11 horas e está aberta a todos os rapaces e rapazas da localidade.  

 A maxia de Nadal chega á biblioteca para que os pequenos lectores gocen dun conto entrañable e fagan debuxos que quedarán expostos na biblioteca como decoración de Nadal. 

 Esta iniciativa, organizada polas Concellerías de Educación e de Cultura, dirixidas por Elena Baz Rodríguez, teñen como obxectivo atraer aos nenos e nenas á biblioteca do municipio e ademais incentivar a lectura entre eles.  

 As sesións de “Contos Contados” se repetirán o primeiro sábado de cada mes.   

 “Con este tipo de iniciativas e con, por exemplo, os clubes de lectura tanto adulto coma xuvenil, o que se busca é dinamizar a biblioteca e motivar a lectura entre os veciños e veciñas guardeses, independentemente da súa idade”, afirmou Elena Baz.

Ningún comentario:

Publicar un comentario