9 de dec. de 2015

A GUARDA

Terceira sesión de “Conversas coa Xuventude” 

Nela se falará de cooperación, integración e solidariedade  

Será este venres, día 11 de decembro, ás 20,30 horas na Casa dos Alonso

Infogauda / A Guarda

 Este venres, día 11 de decembro, celébrase a terceira das sesións de “Conversas coa Xuventude” organizadas polo Concello da Guarda.  

 Nesta ocasión os temas a tratar serán a cooperación, a integración, a diversidade e a solidariedade. Para falar sobre isto están convidados á charla representantes das Asociacións Avelaíña, San Xerome e ConRazones.  

 Os invitados e protagonistas nesta charla falarán da súa labor a prol da integración en toda a Comarca do Baixo Miño.  

 Neste encontro - dixo Elena Baz Rodríguez, Concelleira de Xuventude - o que se busca é a implicación da sociedade nas diferentes actividades que se levan a cabo para conseguir mellorar a nosa contorna.  

 A cita, como en anteriores ocasións é ás 20,30 horas na Casa dos Alonso. 

 Dende a Concellería de Xuventude convídase a todos os veciños da localidade a participar nesta nova sesión de “Conversas coa Xuventude”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario