11 de nov. de 2015

VAL MIÑOR

Presentación do libro “Un cesto de mazás”, de Montse Fajardo no IEM

O vindeiro venres día 13 de novembro ás 20:30 horas, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na avenida da Feira nº 10, baixo, en Gondomar



Álvaro Peralta / Gondomar

 O vindeiro venres día 13 de novembro ás 20:30 horas presentarase Un cesto de mazás. Memoria das vítimas do 36 e do tempo que veu, da escritora e xornalista, Montse Fajardo.  

 O libro será presentado polo autora e contará cunha introdución a cargo de Luis Bará, investigador da Memoria Histórica, membro de Iniciativa Galega pola Memoria e concelleiro de Cultura e Patrimonio de Pontevedra.  

 Será na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na avenida da Feira nº 10, baixo, en Gondomar. 

 Sinopse 
“Este libro fala de persoas detidas, fusiladas, asasinadas en cunetas, agochadas durante anos en tobos de cortes ou ocos de cociña, humilladas. Fala de foxas, batallóns, depuracións, cárcere e exilio. Das vítimas evidentes pero tamén das outras.  Das nais que pasean de noite na procura da Santa Compaña para ver unha vez máis o fillo fusilado. Das que  perseguen a morte nas entrañas dos pozos para reencontraren con el. Das nenas que miran pola ventá unha escola na que non teñen cabida as irmás dos rojos. Das obrigadas a bordar panos para recoller as bágoas que aínda lles quedan por verter. Das viúvas que trasladan o cadaleito a soas. Dos orfos que marcan co pau da luz as foxas sen nome”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario