Alberto Pena e a súa filla, Elsa Pena Vicente, convidados de “Conversas coa Xuventude”
Infogauda / A Guarda
Mañá venres día 13 de novembro, ás 20,30 horas, na Casa dos Alonso (Praza do Reló), terá lugar unha nova sesión de “Conversas coa Xuventude”, iniciativa organizada polo Concello da Guarda para crear un espazo de encontro entra a administración local e a mocidade do municipio.
Nesta ocasión o tema protagonista será o deporte e os convidados serán o atleta Sergio Rodríguez, Alberto Pena e a súa filla, Elsa Pena Vicente, ambos relacionados co mundo do atletismo.
Ainda que inicialmente o executivo municipal do Concello de A Guarda, había anunciado á participación de Estela Doiro Rodríguez, esta destacada xogadora de balonmán, natural de A Guarda, que forma parte da plantilla deportiva do Mecalia Atlético Guardés, non poderá estar presente, por motivos de axenda.
Os invitados falarán aos presentes da súa experiencia persoal para, despois, dar paso a unha conversa e reflexión sobre o deporte, as necesidades, as expectativas ou as dificultades que existen no mundo deportivo e na práctica das diferentes disciplinas.
O Concello de A Guarda convida a todas as persoas relacionadas co deporte pero tamén a todos os mozos da localidade a participar nesta nova sesión de “Conversas coa Xuventude”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario