CONMEMORACIÓN DO 93 ANIVERSARIO DOS SUCESOS DE SOBREDO
En Sobredo, na parroquia tudense de Guillarei, o domingo día 29 de novembro do 2015, a partir das 10:30 horas da mañá
Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo- IEAMSO
O Monumento os Mártires de Sobredo tal e como se pode ollar hoxendía
Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo- IEAMSO
Xunta de Goberno
O domingo día 29 de novembro do 2015, a partir das 10:30 horas da mañá, terán lugar en Sobredo, na parroquia tudense de Guillarei, os actos conmemorativos do 93 anivesario dos sucesos de Sobredo, de acordo co seguinte, PROGRAMA:
10,30 CONCENTRACIÓN - CARBALLEIRA DE SOBREDO.
11,00 DESPRAZAMENTO ATÉ O MONUMENTO.
11,30 PRESENTACIÓN DO ACTO E INTERVENCIÓNS:
XOÁN GONZÁLEZ LEIRÓS. Profesor no IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas).
CARLOS VELASCO SOUTO. Profesor de Historia contemporánea na Universidade da Coruña; investigador e escritor.
12,30 OFRENDA FLORAL NO MONUMENTO CLAUSURA DO ACTO.
ACTUACIÓN DOS GRUPOS: - FOLCLÓRICO “LEMBRANZAS DA TERRA” e GRUPO DE GAITAS “FOLIEIROS”.
A conmemoración anual ten por fin manter vivo o significado do carácter social e reivindicativo dos sucesos de Sobredo, nos que perderon a vida unha muller e dous homes ao ser disolvida a tiros unha manifestación contra un embargo por impago de rendas forais, que se mantiñan sobre as terras e tiñan que pagarse, polo campesiñado galego; anualmente polas datas do San Martiño tralas colleitas.
Realízase no lugar dos feitos producidos no 28 de novembro do ano 1922; en Sobredo; lugar da parroquia de Guillarei, no Concello de Tui, ao pe do monumento aos Mártires, da autoría do escultor Nogueira.
Foi no ano 1932 cando se ergueu o monumento (dez anos despois dos feitos). No mes de xullo do ano 1936, nos primeiros días do golpe de estado franquista, foi dinamitado; do mesmo xeito que as persoas eran perseguidas, foron derrubados símbolos como o monumento aos Mártires de Sobredo.
Sobredo, xa naquela altura e no marco da loita agraria para a eliminación dos Foros, representaba simbólicamente unha época (finais do xéculo XIX e as dúas primeiras décadas do século XX) de loitas reivindicativas e agrupación de forzas por entidades que, colectivamente, estruturaban unha realidade social complexa e claramente republicana; de aí a súa destrución.
Ningún comentario:
Publicar un comentario