MARTA POMBAL MARTÍNEZ: COMPROMISO CO DEPORTE E OS ESTUDOS
Marta Pombal Martínez - no centro da imaxe - recibindo da alcaldesa de Oia, unha placa en recoñecemento polos seus méritos deportivos
Fotos: Francisco Pombal Diego
Infogauda / Oia
A Corporación Municipal do Concello de Oia, presidida por Rosa María Otero Carballa, recibiu na tarde deste xoves día 5 de novembro, no salón de sesións, á unha xoven deportista de Pedornes, que destaca pola súa labor, tanto a nivel nacional como internacional. Chámase Marta Pombal Martínez. Ten 16 anos de edade, e desde cando tiña 8, decidiu que o seu deporte ía ser o balonmán.
Adestra todo o necesario, sen esquecer os estudos, logrando compatibilizar á actividade deportiva como xogadora xuvenil do Atlético Guardés, con primeiro de Bacharelato.
Asemade, ten moi claro que seu obxectivo é formarse nalgunha rama da Medicina.
Marta Pombal Martínez xunto a Nuria Benzal, xogadora do Mecalia Atlético Guardés, e José Manuel Silva Vicente, presidente do Mecalia Atlético Guardés
E se nos estudos cumple, no Deporte tampouco recúa, habendo acadado unha medalla de bronce - da cal está moi orgullosa, como non podía ser menose, e por iso á levou á recepción do concello - no Campionato de España de Seleccions Autonómicas de Balonmán, celebrado en Castellón de la Plana, no pasado mes de xaneiro de 2015.
Tamén hai que salientar que participou nun Campionato de Europa, onde foi a xogadora máis xoven da competición.
Marta Pombal tamén está incluida na preselección coa Selección Galega Xuvenil de Balonmán para o próximo Campeonato de España de seleccións autonómicas, que se celebrará en Almería o vindeiro ano 2016.
Na recepción municipal, na que estiveron familiares, veciños, amigos e representantes do Atlético Guardés; a alcaldesa, en nome da Corporación Municipal de Oia, agasallou a Marta Pombal Martínez con unha praca conmemorativa, en recoñecemento polos seus méritos deportivos. Que por certo, como a propia xogadora relembrou, comezou na súa etapa escolar no CEIP Mestre Manuel García. E desde esa primeira época, axiña pasaría o Atlético Guardés, acreditando que querer é poder.
Marta Pombal Martínez xa é un exemplo a seguer.
Marta Pombal Martínez xa é un exemplo a seguer.


Ningún comentario:
Publicar un comentario