Carmela Silva felicita a Baiona por lograr a distinción de internacional para a Festa da Arribada
Foto: Deputación de Pontevedra
Infogauda / Baiona
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, felicitou este xoves día 5 de novembro, aos veciño de Baiona por acadar o reconocemento de festa de Interés Turístico Internacional á Festa da Arribada.
Esta distinción, a máxima que unha festa de este estilo pode acadar, é un reconocemento cultural de primeiro orde e sitúa a Baiona entre as elites turísticas do Mundo. Para a presidenta, esta categoría suporá un reconocemento de Baiona como un destino básico nas Rías Baixas.
Silva quixo tamén felicitar ao concello de Baiona polo traballo feito nos últimos anos ao fronte desta festa e animounos a continuar nesta senda e sinalou que contarán co apoio de Turismo Rías Baixas, organismo dependente da Deputación, para dar a conocer a vila onde chegou a maior nova do mundo moderno.

Ningún comentario:
Publicar un comentario