TRIBUNA ABERTA
O GRUPO MUNICIPAL DE CONVERXENCIA GALEGA EN OIA DA A COÑECER AS RAZÓNS DA MOCIÓN DE CENSURA
O GRUPO MUNICIPAL DE CONVERXENCIA GALEGA EN OIA DA A COÑECER AS RAZÓNS DA MOCIÓN DE CENSURA
Ángel Portela Rodríguez, Luis Giráldez Figueiró e José Manuel Romero Martínez, concelleiros do Grupo Municipal de Converxencia Galega na Corporación Municipal de Oia
Trala
presentación da Moción de Censura no Concello de Oia, e tralas declaracións do
Secretario Provincial do partido da Alcaldesa, dende Converxencia Galega queremos poñer de manifesto o seguinte:
a).- Cando non hai nada que decir, para
non estar calados, fálase do maletín, polo que de ser certo, retamos a ese
señor, que cumpla ca Lei, e presente as probas que teña donde corrresponde, no
Xulgado, o resto, é unha falta de respeto hacia quen libremente tomou nun
momento a decisión de poñer a Sra. Rosa na Alcaldía, e despois de máis de cinco
meses, tempo máis que suficiente para que dera os pasos necesarios para
desenrrolar negociacións con este grupo político, se adicou a facer
demostracións de prepotencia e chulería, negándose en todo momento a manter un
diálogo con estes concelleiros.
b).- ¿Porqué cando se fai unha moción
si favorece a outros é unha demostración de progreso e de decisión
“democrática” do pobo pero cando é encontra se sinalan distintos e diversos
motivos na maioría dos casos oscuros según os que presumen de “progresistas”?
c).- ¿Porqué fomos “bos” en xuño
dándolle a alcaldía e “malos” en outubro por quitala? ¿Será que non queren ver
que a súa candidata non ten capacidade política, demostrándollo perdendo un
concelleiro nas eleccións, non mantendo máis que unha reunión denantes da toma
de posesión, e logo desautorizando a seus “recadeiros”, xa que viñan a falar
sin poder de decisión e sin poder chegar a ningún acordo por moi mínimo que
fora?
d).- Volvendo o tema inicial, ¿Dónde
está o maletín? Esta pregunta que se fan os/as oienses, é sobre o porqué se insistiu tanto dende o
Goberno Municipal nestes cinco meses en intentar aprobar a modificación das
Normas Subsidiarias do Mosteiro de Oia ca máxima urxencia, e non ten importancia o aprobar o Plan Xeral de
Ordenación Urbana (PXOU) que tanto se precisa na nosa localidade.
e).-
Dende Converxencia Galega, queremos deixar claro que por parte nosa o
apoio o cambio de goberno é na búsqueda dunha alternativa de mellora e de
avance para Oia, e someténdonos o examen dentro de tres anos, e nas eleccións,
serán os/as veciños/as quenes decidan cal vai ser o noso sitio, se aprobamos,
seguiremos no Goberno e senón eles mesmos nos enviarán para a casa, namentras,
imos intentar traballar polo futuro do noso pobo.
Oia,
a 1º de novembro do 2.015
Luis
Giráldez Figueiró, José Manuel Romero Martínez,
Angel Portela Rodríguez
Grupo Municipal de Converxencia Galega no Concello de Oia
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario