A BANDA DE MÚSICA UNIÓN MUSICAL DE MOUGÁS CONMEMORA A FESTIVIDADE DA PATROA DOS MÚSICOS
Jorge Fernández / Mougás
Un ano máis, a Banda de Música Unión Musical de Mougás, unha das banda máis antiguas de Galicia, con 135 anos de historia, celebra a festividade da patroa dos músicos: Santa Icía.
Este ano a celebración extenderase o longo de todo o vindeiro fin de semana.
Os actos serán os seguintes:
SÁBADO 21:
- A partires das 20:30 horas presentaranse, os novos alumnos que este ano se incorporaron a Escola de Música de Mougás.
- Trala presentación, darán concerto os alumnos da Escola de Música, na cual está incluída a Banda-Escola da Unión Musical de Mougás.
(Todos os actos de este día celebraranse no salón de actos da Casa de Cultural de Mougás).
DOMINGO 22:
- A partir das 12:00 horas, a Banda de Música Unión Musical de Mougás fará entrada na Praza de Alsirio Fernández (en Mougás) donde fará variación cara ó monumento do seu anterior mestre e director (Don Alsirio Fernández Rodríguez).
- As 12:45 horas comenzará a celebración relixiosa na Igrexa parroquial de Mougás, coa Santa Misa na honra a Santa Icía, que rematará coa procesión onde, os propios músicos da banda, levarán en andas a preciosa imaxe da súa patroa.
- A partir das 13:30 horas dará comezo o concerto da Unión Musical de Mougás no salón de actos da Casa de Cultura de Mougás.
Os actos de celebración do Día de Santa Icía rematarán ca xa tradicional Comida de Confraternidade que se celebrará no Restaurante O Peñasco, de Mougás, no que músicos e familiares pasarán un bo rato recordando ós vellos compañeiros e contando as mellores anécdotas acaecidas o longo deste ano musical.
Todos estos eventos están organizados pola Banda de Música Unión Musical de Mougás.

Ningún comentario:
Publicar un comentario