18 de nov. de 2015

A GUARDA

Comeza o ciclo de Barferencias de Inverno con “A testemuña dun século de Historia” da man de María González Portela 

Este venres día 20 de novembro, ás 20 horas no restaurante O Cangrexal, situado na Rúa do Porto



Infogauda / A Guarda

 Este venres, 20 de novembro, ás 20 horas no restaurante O Cangrexal, situado na Rúa do Porto, comeza o ciclo de Barferencias organizado polo Concello de A Guarda coa colaboración da Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM), para por en valor a cultura e aos veciños desta vila.  

 Nun primeiro momento nesta data ía a ter lugar a conferencia “Testemuñas da represión no Colexio dos Xesuítas de Camposancos” pero, por motivos de saúde, Francisco Álvarez García (Paco mi Vida) tivo que ser cancelala. No seu lugar a primeira “Barferencia de Inverno” será “A testemuña dun século de Historia” na que participará María González Portela, veciña guardesa que este mesmo mes cumpriu os 100 anos.

 María González Portela falará aos presentes de como viviu ela, e tamén a vila, os distintos cambios políticos e sociais e as diferencias máis salientables de A Guarda de hai 100 anos. A través da súa vida e da súas experiencias, rememorando as súas vivenzas, problemas e necesidades, María tamén contará a vida desta poboación.   

 Próximas citas  
 As seguintes Barferencias xa están marcadas no calendario. Todas serán as 20,30 horas.  

 Así, o xoves día 3 de decembro, Rafael Rodríguez falará sobre “Reescavando Mergelina” na cervexería Itaca. 

 O venres día 28 de decembro, na Casa dos Alonso, Mar Cortegoso falará de “A salina do Seixal” 

 E o venres 25 de xaneiro, Xosé Manuel Malheiro no bar Tecla´s será o poñente da barferencia “De Luis Vello a Alonso Ríos, viaxe polas escolas de Galicia”.  

 Pola súa banda, Roberto Rodríguez Álvarez, o venres 29 de xaneiro, no bar Bergantín, presentará a “Talasonimia da costa da Guarda” e Fani Alonso Tamayo porá a guinda a este ciclo de charlas, o venres 26 de febreiro no bar Aquilino, falando de “15 pesetas por frete”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario