A Xesta Vermella presenta Doutor de cabeceira no ciclo de teatro afeccionado do IEM
Álvaro Peralta / Gondomar
Este venres día 27 de novembro terá lugar unha nova xornada de teatro do ciclo "I Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia" que organiza o Instituto de Estudos Miñoranos. Ás 21:30 horas o grupo A Xesta Vermella de Borreiros porá en escena a obra Doutor de cabeceira, con texto de Antonino Florencio Fortes González. A entrada ao Auditorio Municipal de Gondomar é gratuíta até esgotar localidades.
O grupo de teatro A Xesta Vermella fundouse no outono de 2013 con membros do Centro Cultural de Borreiros.

Ningún comentario:
Publicar un comentario