25 de nov. de 2015

GONDOMAR

Alfonso Álvarez Cáccamo inaugura a mostra "A revolución dos globos" no IEM 

Este venres día 27 de novembro, ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas

Alfonso Álvarez Cáccamo, diante dunha das súas creacións

Álvaro Peralta / Gondomar

 Este venres día 27 de novembro, ás 20:30 horas Alfonso Álvarez Cáccamo inaugura "A revolución dos globos". A exposición será presentada na Aula de Cultura Ponte de Rosas e contará coa intervención de Xosé María Álvarez Cáccamo. 


 A mostra recolle unha obra artellada a partir dun mundo imaxinario "Alphosezia", que medrou xunto co autor dende a infancia. A carón do seu irmán Xosé María foron xurdindo textos e pinturas inxenuas  que xunto a maquetas e pequenas esculturas foron materializando ese espazo imaxinado que por primeira vez será amosado ao público. 

 A exposición poderá visitarse de luns a venres de 19 a 21 horas até o 22 de xaneiro de 2016.

Ningún comentario:

Publicar un comentario