Última función da mostra de teatro afeccionado do IEM no Auditorio Lois Tobío de Gondomar
Álvaro Peralta / Gondomar
O elenco “A Moura” de Chaín porá en escena Polos pelos, unha comedia con textos de Fátima Granja Paz. A obra dará comezo ás 18:30 horas deste domingo 29 de novembro no Auditorio Municipal de Gondomar Lois Tobío.
Finaliza así o I Encontro de Teatro Afeccionado organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos que dera comezo con gran éxito de público os pasados días 6 deste mes.
As funcións son de acceso libre.

Ningún comentario:
Publicar un comentario