O alcalde de Dozón solicita a baixa temporal como militante do Partido Popular mentres non se aclare a súa situación xudicial
Infogauda / Pontevedra
O alcalde do Concello de Dozón, Adolfo Campos Panadeiros, solicitou a suspensión temporal de militancia no Partido Popular ata que non se aclare a súa situación xudicial. Con esta decisión, Adolfo Campos quere salvagardar e non prexudicar os intereses do partido ata que non se esclarezan os feitos.
Ademais, aclara que a causa aberta nada ten que ver coa súa xestión no Concello de Dozón, senón que é unha investigación sobre o grupo de empresas nas que non exerce tarefas executivas desde hai máis de dez anos, tan só ten unha presenza honorífica.
O seu fillo e tenente de alcalde do Concello de Dozón, Adolfo Campos Vázquez, non solicita a baixa porque non está afiliado ao PP.
Ningún comentario:
Publicar un comentario