25 de nov. de 2015

A GUARDA

O PP de A Guarda solicita unha rebaixa do no imposto do IBI 

Conchi Ortega, explica que manter nun 0,60% o imposto vixente non sería unha conxelación senón unha subida 

Manter este imposto nun 0,60% suporía establecer o IBI voluntario máis alto da historia da Guarda”, explican os populares   

Propon rebaixas no IBI para rendas baixas e emprendores que creen emprego no concello

Conchi Ortega Martínez, concelleira portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda


 O Gupo Municipal do Partido Popular de A Guarda presentará unha moción no próximo pleno para solicitar que se rebaixe o imposto do IBI.

 A voceira do PP, Conchi Ortega Martínez, explica que manter nun 0,60% o imposto vixente non sería unha conxelación senón unha subida, xa que en 2016 queda sen efecto a suba obrigadapor parte do goberno central aos concellos con máis recursos para afrontar a caída de ingresos producida pola burbulla inmobiliaria e a crise económica. Agora cabe a posibilidade de volver ao 0,50% que é o que establece a Ordenanza fiscal sobre bens inmobles de natureza urbana no concello da Guarda.   

 Os populares consideran ademais que se debería modificar a ordenanza e incluír máis bonificacións “para ter especial sensiblidade con situación persoais como rendas baixas ou situacións de desemprego, pero tamén ter en consideración os casos de emprendedores que creen emprego no concello”.  

 A voceira popular sinala que  “o alcalde debe considerar o alivio que suporía esta rebaixa para os veciños, porque manter este imposto nun 0,60% suporía establecer o IBI voluntario máis alto da historia da Guarda”.   

 “Teñen a posibilidade de rebaixalo e iso é o que pretendemos desde o Partido Popular, que non aproveiten a taxa obrigada do 0,60 porque en 2016 esa obrigatoriedade non estará vixente e deixan a mans libres aos municipios para aplicar as rebaixas no imposto. Se non o fan é porque non lles importan demasiado os veciños”, sentencia Conchi Ortega.     

Ningún comentario:

Publicar un comentario