25 de nov. de 2015

A GUARDA

Entrega de diplomas do Curso de Pilates promovido pola Deputación e a Asociación de Mulleres Rurais da Guarda 

Na imaxe, o alcalde e concelleiras, coas alumnas do Curso de Pilates, logo da entrega dos correspondentes diplomas de asistencia
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

  Este mércores día 25 de novembro, o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, a Deputada Provincial e Concelleira, Montserrat Magallanes Baz, e a Concelleira de Servizos Sociais, Mª Teresa Vicente Baz, fixeron a entrega de diplomas as alumnas do Curso de Pilates, promovido pola Deputación de Pontevedra e a Asociación de Mulleres Rurais da Guarda.  

O alcalde a as concelleiras, con unha veciña que asistiu o curso e amosa o seu diploma

 Esta entrega fíxose tras a última das sesións de pilates. Todas as clases desta disciplina de adestramento tanto físico coma psíquico, tiveron lugar nunha das aulas do antigo Colexio Manuel Rodríguez Sinde.  

 Tanto o alcalde, Antonio Lomba, coma as concelleiras, déronlles os parabéns a todas as alumnas por finalizar este curso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario