25 de nov. de 2015

A GUARDA.

O CONCELLO E O CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER FIXERON PÚBLICO UN MANIFESTO CONTRA Á VIOLENCIA DE XÉNERO


María Teresa Baz Vicente, Montserrat Magallanes Álvarez e Antonio Lomba Baz
Foto: C.A.G.




 Dende o Concello da Guarda e o Centro de Información á Muller queremos manifestar a máis absoluta e enérxica condena ante as inadmisibles situacións de violencia que, aínda que pareza inconcibible, se seguen a producir. A violencia de xénero constitúe unha lacra de carácter mundial, un atentado contra os dereitos humanos e a dignidade das persoas que impiden á nosa sociedade continuar avanzando. 

 A loita contra a violencia é unha tarefa común, hai que aunar esforzos e compromisos, se queremos que a violencia de xénero desapareza.  

 Por iso é tan importante levar a cabo iniciativas tendentes a: 

Mellorar a prevención, a través do incremento de medidas de sensibilización e educación, xa que se ven observando que as novas xeracións están incidindo  na reprodución de patróns machistas nos seus relacionamentos. 
Ofrecer formación específica aos profesionais que traballan con vítimas de violencia, para evitar moitas veces a vitimización secundaria. 
Solicitar maiores medios que garantan a protección e seguridade tanto da muller como dos seus fillos e fillas e persoas delas dependentes, co obxectivo de rematar co goteo incesante de mulleres asasinadas a mans das súas parellas.  
Mellorar as políticas sociais con medidas, como  o aumento do orzamento para axudas específicas inmediatas para as vítimas, así como a creación de itinerarios específicos de emprego que lle permitan independizarse do seu agresor, xa que moitas delas carecen de recursos económicos propios. 
Mellorar o itinerario xudicial polo que teñen que atravesar unha vez que deciden romper co ciclo de violencia e denunciar ao seu agresor.    

 Desde o Concello da Guarda asumimos o noso compromiso persoal e profesional nesta loita contra calquera acto que atente contra a integridade e dignidade da muller,rexeitando todo tipo de agresións e violencia machista, apoiando as vítimas e transmitindo as xeracións futuras o respecto á igualdade de mulleres e homes para defender unha sociedade xusta e paritaria na que mulleres e homes poidamos participar equilibradamente en todos os ámbitos e tomar conxuntamente as decisións que nos afectan.
(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario