A AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA CELEBROU SANTA ICÍA CON UN MAGNÍFICO CONCERTO
O evento cultural tivo lugar na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
A Agrupación Musical de A Guarda ofreceu na noite do sábado día 28 de novembro, o tradicional concerto de Santa Icía, evento que tivo lugar na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda, e que contou coas actuacions da Banda Infantil da Agrupación Musical de A Guarda e a Banda de Música Agrupación Musical de A Guarda.
O concerto contou coa participación de D. Jesús García Villadóniga, que exerceu como presentador do concerto, co seu habitual maxisterio. Na súa intervención inicial, o párroco de A Guarda, convidou a todos a saber agradecer, como un xeito de recoñecer á labor que fai posibles logros colectivos, como o testemuña a Agrupación Musical de A Guarda, que é unha feliz realidade de harmoniosa convivencia.
Logo faría un resumo da traxectoria da Banda Infantil da Agrupación Musical de A Guarda, que dirixida por José Antonio Soutelo Muñoz, interpretaría o seguinte programa:
- Manolete, de P. Orozco e J. Ramos.
- Braveherat, de James Horner.
- Charles Chaplin, de Charles Chaplin.
- The type writer, de Leroy Anderson.
O remate da actuación da Banda Infantil da Agrupación Musical de A Guarda, que foi premiada cos aplausos de respectable público que ateigaba o "auditorio" parroquial, tería lugar o acto de entrega das correspondentes insignias os músicos que desde ese intre forman parte da banda grande da Agrupación Musical de A Guarda.
As novas incorporacións, que recibiron as insignias de varios compañeiros veteranos, foron ás seguintes: Aarón Fernández Pérez (trompa), Antoni Monteiro da Silva (trombón), Lucía Arzúa Alonso (saxofón alto), Marcos Renda Fernández (saxofón alto), María Pérez Pilarte (clarinete), Merea Fernández López (clarinete), Pablo Vicente Pereira (trompeta) e Roberto Gil Barbosa (bombardino).

Tamén houbo un intre para agasallar á anterior presidenta da Agrupación Musical de A Guarda, Elena Álvarez, pola súa labor a fronte desta entidade cultural, entregándolle un detalle conmemorativo.
A continuación o presentador, daría paso os compoñentes da Banda de Música Agrupación Musical de A Guarda, que dirixidos por Víctor Luis Treinta Alonso interpretarían o seguinte programa:
- Ragon Falez (pasodoble), de Emilio Cebrián Ruiz.
- La Leyenda del Beso (Selección. Zarzuela), R. Soutullo e J. Vert.
- To Fly without wing, de James Curnow.
- Danza húngara nº 5, de Johannes Brahms.
- 76 trombones (Marcha), de Meredith Willson (Arranxos: Naohiro Iwai).
E fora de programa, correspondendo o calor do público, a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, interpretaría Mambo nº 5, de Dámaso Pérez Prado.
Antes de pechar o concerto, David Álvarez Mariño, en representación da xunta directiva da Agrupación Musical de A Guarda fíxolle entrega a D. Jesús García Villadóniga, de un agasallo, en sinal de agradecemento pola súa colaboura.
A GUARDA NECESITA UN AUDITORIO MUNICIPAL
Unha vez máis, quedou de manifesto que o municipio de A Guarda conta con unha fermosa realidade cultural, si ben desde á desaparición do Cine-Teatro Avenida, en marzo de 2005, está orfa de un multiusos que acolla actuacións como á que vimos de informar.
Coidamos que á cidadanía guardesa ben merece dispoñer da necesaria infraestructura cultural para poder levar a bo termo, sen ningún tipo de condicionantes, todo o seu potencial creativo. Por iso, desde Infogauda convidamos á Corporación Municipal de A Guarda, a xunguir vontades e dar os pasos necesarios para que a medio prazo poidamos contar con un auditorio céntrico que dispoña, polo menos, do mesmo aforo - 540 asentos, entre platea e anfiteatro -, que o desaparecido Cine-Teatro Avenida, que tanto botamos en falla.
Cando decimos auditorio céntrico estamos referíndonos á unha ubicación concreta: o antigo Colexio Público Manuel Rodríguez Sinde.
É decir, que A Guarda ten onde ubicar un Auditorio Municipal, polo que o que procede e pór toda á vontade en tomar o acordo correspondente para traballar na dirección de conqueri-lo máis cedo que tarde.
Desde fai máis de unha década A Guarda está orfa de unha infraestructura como á do Cine-Teatro Avenida. Urxe pois, reparar esa perda.

Ningún comentario:
Publicar un comentario