O grupo de participantes do programa de Tutoría continúa coas súas sesións formativas
Monitora e participantes no programa
Foto: C. A.G.
Infogauda / A Guarda
O grupo de participantes do programa de Tutoría (Mentoring), organizado pola Concellería de Emprego do Concello de A Guarda, continúa coas súas sesións, tanto colectivas coma individuais.
Esta formación, que comezou no mes de outubro finalizará a finais de decembro, para, no próximo ano, retomar as clases.
Durante estes primeiros encontros quincena de participantes traballaron máis polo miúdo as sesións de adestramento (coaching) para, en xaneiro, traballar no acompañamento laboral e na tutoría.
As sesións individuais axudan para que cada un dos participantes enfoque dunha maneira máis clara os seus proxectos e poidan chegar a acadalos despois de traballalos neste programa.
Tanto a coordinadora do programa, Susana Rodríguez, coma os participantes, e a organización, móstranse moi contento polos resultados desta iniciativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario