27 de nov. de 2015

A GUARDA

Fin de semana moi dinámica no municipio guardés 


Infogauda / A Guarda

 Esta fin de semana son moitos os eventos organizados na localidade de A Guarda. Durante todo o sábado e tamén o domingo, os veciños e tamén visitantes no municipio poderán escoller entre a seguinte programación:


 O sábado, día 28 de novembro, ás 20:00 horas as Xuventudes Socialistas de A Guarda retoman o ciclo de charlas sobre o Colectivo LGTBI. A cita, como en anteriores ocasións, é no Centro Cultural. O acto, que está aberto a todo o público, contará coa presenza de Estela Fernández, experta en Igualdade, e Carmen Gallego, Parlamentaria do PsdeG-PSOE e impulsora da Lei pola Igualdade de trato e a non discriminación do colectivo LGTBI en Galicia.  


 Media hora máis tarde, ás 20:30 horas, na Igrexa Parroquial de Santa María, a Agrupación Musical de A Guarda organiza o Concerto de Santa Cecilia. Neste recital en honor a patroa da música, actuarán a Banda Infantil da Agrupación Musical de A Guarda e a Agrupación Musical de A Guarda.
  

 O domingo, día 29 de novembro, a actividade comeza ben cedo xa que para esta data está programado o II Trail do Trega. Simultáneamente nesta proba haberá unha andaina e un trail. A saída da andaina comezará ás 9:15 horas dende a explanada de A Sangriña. Dende ese mesmo punto, os corredores, comezarán o seu trail ás 10 horas. En total a distancia da carreira é de 18 km e da andaina 10 quilómetros.  


 Ademais pola mañá, terá lugar a Romería de Santa Catalina na Cruzada. Ás 11:30 horas celebrarase a Misa seguida da procesión acompañada polo grupo folclórico Xamaraina. Está organizado pola Comisión de Festas de San Caetano. 

 Por último pola tarde, a Asociación das Mulleres Progresistas da Guarda, organizan unha tarde de teatro. O grupo “Tarantela” presenta “O achado do Castro” no Centro Cultural guardés ás 19:00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario