Acto do BNG na Guarda sobre os 20 anos de actividade no Parlamento español
Será este xoves día 12 de novembro, a partir das 20:30 horas, no Centro Cultural
Infogauda / A Guarda
O Bloque Nacionalista Galego vai realizar un acto informativo dentro da campaña “Galiza, a forza que nos une”, que está a realizar polo país.
Fontes nacionalistas salientaron que “o BNG quere dar a coñecer o labor de defensa de Galiza que veñen mantendo dende hai 20 anos os deputados e deputadas do BNG no Parlamento español”.
O acto vaise celebrar no Centro Cultural de A Guarda este xoves día 12 de novembro, a partir das 20:30 horas, coas intervencións de Anxo Baz, portavoz municipal do BNG-AA na Corporación Municipal de A Guarda, e Olaia Fernández Davila, parlamentaria do BNG no Congreso dos Deputados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario