10 de nov. de 2015

A GUARDA

Nova sesión de “Conversas coa Xuventude”

Este venres, día 13 de novembro, ás 20:30 horas, na Casa dos Alonsos 


Infogauda / A Guarda

 A Concellería de Xuventude do Concello de A Guarda, organiza unha nova sesión de “Conversas coa Xuventude”. Esta actividade nace co obxectivo de crear un espazo de encontro entra a administración local e a mocidade do municipio.  

 Nesta ocasión, a cita será as 20:30 horas na Casa dos Alonso, e o tema protagonista da xuntanza será o deporte. Para falar desta disciplina están convidados o atleta guardés, Sergio Rodríguez Teiexeira e a xogadora de balonmán, Estela Doiro Rodríguez. Ambos deportistas falarán aos presentes da súa experiencia profesional para, despois, dar paso a unha conversa e reflexión sobre o deporte, as necesidades, as expectativas ou as dificultades que existen no mundo deportivo e na práctica dos diferentes deportes.  

 O Concello convida a participar en “Conversas coa Xuventude” a todos os membros dos diferentes clubes deportivos guardeses pero tamén a todos os mozos e mozas que practican ou lles gusta o deporte.  

 Esta é a segunda xornada desta iniciativa que, comezou, coa presenza do actual alcalde Antonio Lomba Baz, e o anterior rexedor de A Guarda, José Manuel Domínguez Freitas. "O obxectivo final destas sesións é - segundo afirman desde o executivo municipal - tecer redes de colaboración para conseguir melloras para toda a poboación da vila, especialmente para a máis nova".  

 As mesmas fontes, afirman que "nestes encontros se facilitarán ferramentas de participación directa á mocidade para que teñan a oportunidade de expor e facer chegar as súas propostas, necesidades e demandas ó Concello".

Ningún comentario:

Publicar un comentario