CUMIO MUNICIPAL NA CASA DOS ALONSO
PRESENTACIÓN DE UN PROXECTO CONXUNTO PARA OS DOUS MUNICIPIOS
PRESENTACIÓN DE UN PROXECTO CONXUNTO PARA OS DOUS MUNICIPIOS
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda e a Câmara Municipal de Caminha convocan, este venres día 6 de novembro, ás 12 horas, na Casa dos Alonso (Praza do Reló), aos medios de comunicación "para dar conta das conclusións da reunión bilateral entre ambos municipios".
Segundo informan deste o executivo municipal do concello guardés "neste encontro, estarán presentes ademais do alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz e o Presidente da Cámara de Caminha, Luís Miguel da Silva Mendoça Alves, concelleiros e vereadores de ambas localidades".
As mesmas fontes avanzan que "esta convocatoria servirá, entre outras cousas, para a Presentación dun Proxecto conxunto para os dous municipios".


Ningún comentario:
Publicar un comentario