4 de nov. de 2015

A GUARDA

O Concello contrata a 30 traballadores a través da subvención da Deputación de Pontevedra  

Infogauda / A Guarda

 A principios do mes de novembro comezaron a traballar no Concello de A Guarda un total de 28 traballadores desempregados en categoría de peóns a través do II Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais da Deputación de Pontevedra.  

 Estes contratos, que serán de 35 horas semanais, terán unha duración de dous meses e percibirán o salario mínimo interprofesional. A dotación total é de 58.390 euros, destinados ao pago de salarios e de Seguridade Social.
    Postos solicitados  
 A Guarda solicitou 30 traballadores: 8 peóns  de construción, 3 operarios de vehículos de limpeza de vías, 2 condutores de camión, 9 varredores, 6 peóns forestais e dous operarios do Punto Limpo.  

 Están pendentes de cubrir unha praza de peón forestal e un operario do punto limpo mais. Xa está solicitada ao INEM a ampliación da lista.

Ningún comentario:

Publicar un comentario