7 de nov. de 2015

A GUARDA

CULTURA

O POETA E ESCRITOR FRANCISCO ÁLVAREZ - KOKI FARÁ UNHA LECTURA DE POESÍA NO RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

O acto cultural será o venres día 13 de novembro, ás 8 da noite


Francisco Álvarez Álvarez (Koki)                                    Cartel do evento cultural  
Foto: Aguinaldo Fructuoso



Laxe Grande / A Guarda

 A centenaria sociedade Recreo Artístico Guardés, acollerá o venres día 13 de novembro, ás 8 da noite, un acto cultural, con entrada libre e gratuita, que contará coa participación do poeta e escritor Francisco Álvarez Álvarez (Koki), que efectuará unha lectura de poesías da súa autoría.

 Presentará ó autor, o cronista Ricardo Rodríguez Vicente.
FRANCISCO ÁLVAREZ - KOKI
 Francisco Álvarez - Koki (A Estivada, 1957), debutou como poeta coa publicación de "Lexanías" (1980).

 Súa producción poética en galego, continúa con "Maruxía", editado en 1989 polo Concello de Tomiño.

 Tamén en galego, en 1991 publica "Máis aló de Fisterre", edición da Deputación Provincial de Pontevedra,  que sería reeditado no ano 2000, tamén pola Deputación pontevedresa.

 En castelán, Álvarez – Koki, publicou, entre outros, os seguintes libros: 

- "Poemas del verbo amar", edición do autor (1981).   
- "Soliloquios del silencio", edición do autor (1982). 
- "Para el amor pido la palabra", Madrid, editorial Betania (1987), (2ª edición,1990, Editorial Lumen, Argentina). 
- "Desde la otra orilla", edición do Concello de Tomiño (1994).   
-  "Entre dos aguas", editorial Latino Press (1995).   
- "Entre tu cuerpo y mi cuerpo" (antoloxía amorosa), Concellos de A Guarda e de Tomiño (1996); (2ª edición, 1997, Concello de A Guarda); (3ª edición, 2007, Deputación Provincial de Pontevedra). 
- "Para Abril e amantes", colección Tambo, Deputación Provincial (2003).  Ten sido incluido en distintas antoloxías poéticas e colabora en xornais de literatura de España, Portugal e Latinoamérica. 

 Unha parte da súa producción poética en castelán, figura en varias publicacions colectivas: "Entre dos aguas"(Latino Press, Nueva York, 1995); "Nueva York en nueve poetas" (antoloxía). Casa da Cultura de Ecuador (1999);  "Al fin del siglo, 20 poetas. Antología de poetas hispanos en Nueva York"(Ollantay Press, Nueva York, 2000); "Doce poetas entre rascacielos"(edición bilingüe, español e inglés,(antoloxía), publicada pola Casa da Cultura de Ecuador no ano 2000). "Miradas de Nueva York"Editorial El Vigía. Granada (2000), "Seis narradores españoles en Nueva York"(Edicions Dauro, Granada, 2006); "Escritores españoles en los Estados Unidos", edición de Gerardo Piña Rosales (Academia Norteamericana de la Lengua Española, New York, 2007), e "Geometría y Angustia, escritores españoles en Nueva York "(2013).

 Asemade, xunto co poeta e dramaturgo colombiano Miguel Fálquez Certain, Francisco Álvarez – Koki escribe a peza de teatro "Quemar las naves", que en 2003 gaña o primeiro premio do Teatro Latino Repertorio Español. A obra está protagonizada por unha familia de emigrantes colombianos residente en New York e fala da política americana e dos abusos dos clérigos cos nenos. Foi representada nun teatro de Queens e estivo meses en carteleira.

 A labor literaria de Álvarez – Koki, non somentes transita polos sulcos poéticos, senón que tamén gosta da narrativa, sendo moi salientable á obra publicada en edición trilingüe (Galego, español e inglés), que leva por título "Un neno na emigración"(Edicions do Cumio, 2014).

 Por outra banda tamén ten exercido como xornalista, sendo o correspondente en New York, do xornal A Peneira.

 Forma parte da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e é membro colabourador da Academia Norteamericana de la Lengua Española (ANLE).

Ningún comentario:

Publicar un comentario