8 de nov. de 2015

GALICIA

Turismo de Galicia potenciará o atractivo turístico de San Andrés de Teixido regulando os seus aspectos estéticos

A directora de Turismo de Galicia visitou a localidade de San Andrés de Teixido para comprobar o resultado das actuacións levadas a cabo en San Andrés 

Durante a visita, Nava Castro incidiu na importancia de potenciar a cerámica de San Andrés, as populares figuras de faragulla de pan ou sanandresiños 

Así mesmo, fíxose fincapé nos novos postos de venda que non contan cunha harmonización e viuse unha necesidade de facela  

Nava Castro, xunto con Belén do Campo, en San Andrés de Teixido

Infogauda / San Andrés de Teixido

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto con Belén do Campo, e o alcalde, Pablo Moreda, visitou a localidade de San Andrés de Teixido para comprobar o resultado das actuacións levadas a cabo na localidade. 

 Durante a visita, Nava Castro incidiu na importancia de potenciar a cerámica de San Andrés, as populares figuras de faragulla de pan ou sanandresiños.  

 Así mesmo, a directora de Turismo de Galicia comprometeuse a brindar formación aos veciños con clases de inglés ou alemán, dado o alto número de visitantes estranxeiros que recibe esta aldea cedeirense.  

 Por outra parte, na visita acordouse regular aspectos estéticos de San Andrés de Teixido a través dunha ordenanza municipal, que lles dea seguridade xurídica aos veciños respecto ás últimas intervencións.  

 Neste senso, fíxose fincapé nos novos postos de venda que non contan con dita harmonización e viuse unha necesidade de facela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario