TRIBUNA ABERTA
CONVERXENCIA GALEGA, NON DÉU NINGÚN XIRO
Sigue mantendo a súa postura e así o demostra nos feitos do día a día, noso sitio está o lado dos veciños
Ángel Portela Rodríguez, Luis Giráldez Figueiró e José Manuel Romero Martínez, concelleiros do Grupo Municipal de Converxencia Galega no Concello de Oia
Despois
de ver as últimas declaracións nos medios de comunicación da Sra. Rosa,
calquera que as lea cún pouco de detenemento, pode chegar con claridade o fondo
da causa pola cal perdemos a confianza na súa capacidade para estar a fronte do
goberno do noso pobo.
A súa incapacidade a deixa reflexada
cando manifesta que seus “súbditos” deben de acercarse a ela para dialogar,
¿quen goberna? Ela, ¿quen precisa apoio para gobernar? Ela, polo tanto, quen
ten que dirixirse en busca de diálogo e confluencia ten que ser ela, porque
como dí a sabiduría do pobo, quen vai a un sitio sen ser chamado vai voltar
desenganado.
Cando fala de incoherencia e opacidade
e sen base ideolóxica, decirlle que non se é –como é seu caso- dún sitio
poboacional ou ideolóxico por cubrirse cunhas siglas, senón na práctica, e ca
excepción de subir o camión para repartirlas vallas (iso sí co fotógrafo, tacón
alto e traxe de festa) no resto, permítanos decirlle que as súas maneiras e
trato cos/as veciños/as foron e son bastante duntra banda. Converxencia Galega,
non déu ningún xiro, sigue mantendo a súa postura e así o demostra nos feitos
do día a día, noso sitio está o lado dos/as veciños/as.
Claro que o proceso de modificación das
Normas Subsidiarias é lento, pero ¿porque temos que castigar aos veciños/as dos
arredores cunha suspensión de licencias durante un ano, para logo volver a
facelo cando se aprobe o Plan Xeral? ¿Quen
dixo que queríamos o PXOU aprobado en dous meses? Vde., ve fantasmas por moitos
sitios, e pon na boca dos demais seus
delirios, pero sería mellor que dixera que traballos mandou facer para mellorar
e arranxar o Informe Previo a Aprobación Inicial do PXOUM, (PTU-PO-08/024)
composto de 7 páxinas que afectan a todo o Concello
E decirlle a algún dos seus voceiros,
que despois do espectáculo que están dando en Lugo, o “Caso Patos”, a trama do
“Formigón”, e outros máis que a cada
paso están xurdindo en todo o país, e como para estar caladitos cando
falan de maletíns sen aportar algunha proba nos xulgados.
Dende Converxencia Galega, tal e como
temos manifestado nos medios e a tódalas persoas que nos preguntan, o apoio o
cambio de goberno é na búsqueda dunha alternativa de mellora e de avance para
Oia, e someténdonos o examen dentro de tres anos,(seguimos insistido no tempo,
xa que nesas datas será o inicio da campaña electoral e momento de analizar o
positivo e negativo de cada grupo) e nas eleccións, serán os/as veciños/as
quenes decidan cal vai ser o noso sitio, se aprobamos, seguiremos no Goberno e
senón eles mesmos nos enviarán para a casa, pero mentras tanto, imos intentar
traballar polo futuro do noso pobo.
Oia,
a 7 de novembro do 2.015
Luis
Giráldez Figueiró, José Manuel Romero Martínez e Ángel Portela Rodríguez, Grupo Municipal de Converxencia Galega no Concello de Oia.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario