10 de nov. de 2015

A GUARDA

Éxito de participación na Xornada Micolóxica 

A actividade foi organizada pola Asociación Forestal e de Educación Ambiental “A Jalleira”, en colaboración co Concello de A Guarda


Monitor e participantes na xornada micolóxica, na zoa de prospección, no Monte Torroso
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O pasado sábado, día 7 de novembro, a Asociación Forestal e de Educación Ambiental “A Jalleira”, en colaboración co Concello de A Guarda, organizou unha Xornada Micolóxica para os veciños e veciñas da localidade. 



 Desde o executivo municipal afirman que a convocatoria foi un éxito xa que se cubriron todas as prazas dispoñibles para participar nesta iniciativa que se desenvolveu tanto pola mañá coma pola tarde.  

Un monitor da Asociación “A Jalleira” no decurso da clase teórica, na Casa dos Alonso

 De 10 a 12 horas tivo lugar a parte expositiva na Casa dos Alonso. Nesta clase teórica membros de “A Jalleira” falaron sobre a gran variedade de especies de setas e informaron aos presentes sobre as diferentes guías. Ademais de maneira práctica mostraron diferentes tipos de setas para que os veciños e veciñas guardeses puideran diferencialos.
  

 Pola tarde, en horario  de 16 a 18 horas, os participantes, xunto aos monitores, trasladáronse ao monte Torroso para buscar setas. A boa climatoloxía fixo que, divididos en dous grupos, atoparan moreas de setas moi diferentes e incluso, algunha delas, pouco comúns.  

 En ambas actividades os asistentes mostráronse moi participativos e encantados pola iniciativa. Tanto a organización coma os participantes quedaron con ganas de repetir esta experiencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario