15 de out. de 2015

TUI

A Asociación Parkinson Baixo Miño preséntase este xoves na Área Panorámica


Infogauda / Tui

 A Asociación Parkinson Baixo Miño, creada en maio deste ano, e formada por persoas afectadas por esa enfermidade, familiares e público en xeral, preséntase á sociedade da comarca, este hoxe xoves, día 15 de outubro, ás 16:00 horas, na Sala Félix Rodríguez de la Fuente, na Área Panorámica, de Tui. Presentará a súa presidenta Pilar Sanz Gracia, estando prevista á participación de persoas desprazadas expresamente desde Madrid, así como médicos da zoa do Baixo Miño.

 Os obxectivos da Asociación Parkinson Baixo Miño céntranse en conseguir asesoramento e orientación e facilitar terapias de rehabilitación onde a sanidade pública non pode chegar, co fin de mellorar a calidade de vida de enfermos e das súas familias.

 Para contactar coa asociación ás persoas que o desexen poden dirixirse por correo electrónico o seguinte enderezo: parkinsonbaixom@gmail.com

 Tamén se poden dirixir o Centro Sociocomunitario de Tui, ou chamando os teléfonos 690 006 266 / 664 751 463 e 657 428 381.

Ningún comentario:

Publicar un comentario