13 de out. de 2015

TOMIÑO

O Concello leva a cabo melloras nas instalacións e no equipamento do mercado municipal.


Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño está a levar a cabo melloras de eficiencia enerxética e de equipamentos e servizos no mercado municipal. 

 Os investimentos inclúen unha instalación de climatización e un sistema de control solar dos lucernarios da cuberta. Ademáis, o primeiro andar contará con melloras no sistema de ventilación e iluminación así como no que equipamentos se refire como servizos de rede wifi ou fío musical. 

 Os espazos lúdicos-gastronómicos e áreas de servizo tamén se benefician deste investimento aumentándose zonas alicatadas e equipamentos nos aseos. 

 Por outra banda, os praceiros tamén se benefician dunha liña formativa ou mentoring orientado ao fortalecemento de técnicas de venda. 

 Ademáis, o Concello de Tomiño está a levar a cabo unha campaña de promoción do mercado municipal que inclúe tanto actividades formativas como lúdico-culinarias. 

 As actividades formativas comezaron o martes co curso de cociña para homes e que contará con dúas sesións máis nas que os alumnos aprenderán a cociñar varios pratos de carne e verduras. 

 A promoción do mercado municipal ademáis conta cunha campaña na que os praceiros e praceiras colaboran de xeito directo: “mercando con xeito”. Esta actividade consiste en achegar aos usuarios do mercado coñecementos básicos da alimentación e dos productos frescos que se adoitan vender nos mercados. Nos referimos, a información das partes da ternera e o seu uso culinario ou coñecementos sobre as variedades de peixe que se comercializan nas prazas de abastos e os xeitos de cociñalos. 

 Ademáis, e tras o éxito obtido na anterior edición, volta “sábados con sabor”. Estas actividades de promoción do mercado municipal así como os investimentos e o mentoring para os praceiros e praceiras son financiados pola Consellería de Economia e Industria incluidos na liña de subvencións destinada a mellora dos mercados municipais. 

 A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destacou a importancia de “investir no equipamento do mercado municipal de cara a unha maior eficiencia enerxética e de cara a mellorar en servizos que repercutan nos veciños e veciñas”. A Alcaldesa engadiu que “estes investimentos fanse con cargo a unha liña de subvencións da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia. Desta liña de axudas tamén se beneficían os praceiros e praceiras adquirindo formación en técnicas de venda”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario