Lete Lasa recibe a Gabriel Marcelli, piloto de Trial e campión de España nas categorías base
O deportista gañou en Baiona despois de sufrir un terrible accidente na localidade de Teo
O secretario xeral louvou o seu esforzo e espírito de superación sendo así un exemplo para moitos mozos e mozas galegos
José Ramón Lete Lasa felicitando a Gabriel Marcelli Carballido, en presenza do alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela, membros da Corporación e do pai do deportista
Fotos: Juan Ramón Martínez Barbosa
Infogauda / O Rosal
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela, recibiu este venres día 30 de outubro, ao deportista Gabriel Marcelli Carballido, que vén de quedar primeiro na proba do Campionato de España de Trial celebrado en Baiona, logo de sufrir, tan só un mes antes, un terrible accidente na localidade de Teo.
Na recepción celebrada no concello do Rosal, e na que estivo acompañado do seu pai, o representante da Administración autonómica felicitou ao deportista e, sobre todo, destacou ou seu esforzo e espírito de superación tendo en conta o grave accidente sufrido.
Aos seus quince anos, Marcelli xa sabe o que é proclamarse Campión de España en todas as categorías polas que pasou, desde que en 2012 conseguise o seu primeiro título nacional en xuvenís, en 2013 repetise título e, en 2014, pasase a gañar a categoría de cadetes.
Na actualidade e a falta dunha proba do Campionato de España, que se celebrará en Barcelona o próximo 15 de novembro, Gabriel podería proclamarse por cuarta vez, Campión de España.
Ningún comentario:
Publicar un comentario