31 de out. de 2015

CULTURA

O POETA E ESCRITOR FRANCISCO ÁLVAREZ - KOKI, GAÑA O XXXI PREMIO DE POESÍA HERNAN ESQUÍO

Asemade tamén lle foi concedido o Premio de Poesía Brisa Mariña

Os referidos certames poéticos foron convocados pola Sociedade Artística Ferrolana

Francisco Álvarez - Koki
Foto: Infogauda


Infogauda / A Guarda

  A Sociedade Artística Ferrolana (SAF) ven de faer público o fallo dos Premios Literarios e de Poesía, que convoca esa entidade, correspondentes a edición de 2014. 

 Actuaron de xurado, Ricardo Díaz-Casteleiro Romero, en calidade de Presidente; o Vicepresidente 1º e compositor, Miguel Brotons; o Crítico de Arte e Académico correspondente de Belas Artes de Galicia, Carlos Barcón; o Delegado de Poesía, Francisco Vila; a Delegada de Arte, Corín Cervera; a poeta Aurora Varela; o Catedrático de Literatura José Ramón Vázquez; e actuando de secretaria, a Vicesecretaria da Sociedade Artística Ferrolana, Carolina Fernández.  

Na imaxe varios membros do xurado dos Premios Literario e de Poesía 

 Á vista dos traballos presentados e previa lectura e deliberación dos mesmos, acordouse conceder os seguintes premios:

 XXXI PREMIO DE POESÍA HERNÁN ESQUÍO:
 A Francisco Álvarez Koki (A Guarda, 1957) con residencia en New York, desde o ano 1984 polo su poema titulado "Lola". Escritor fecundo, colaborador de diferentes revistas literarias asi como de distintos xornais. Pertence a la Asociación de Escritores en Lingua Galega e o Círculo de Escritores y Poetas Iberoamericanos de N.Y.

                       Na imaxe os demais membros do xurado dos Premios Literario e de Poesía 


 VII PREMIO DE POESÍA BRISA MARIÑA:  
 O xurado concedeu este premio ex-aequo, a Francisco Álvarez - Koki, polo seu poema titulado "Salmo de la mar", e a poeta madrileña, Pilar Mateo García, polo seu poema titulado "El espíritu del mar".

PREMIO BOCA DA RÍA, DE RELATOS CURTOS:
 O marino, escritor e investigador ferrolano, Marcelino González Fernández, con residencia en Madrid, polo seu traballo titulado "Mascarón solitario". O autor é o actual Vicepresidente da Real Liga Naval Española, numerario da Real Academia del Mar e da Asamblea Amistosa y Literaria, entre outros. Asiduo colaborador da Revista General de Marina, siendo un excelente pintor acuarelista, e autor de numerosos libros sobre temas navais.   

 O xurado declararía desertos os premios XVII Alvaro Paradela, de relatos curtos e o II Premio de Poesía Romántica Cristina Amenedo.   

 O acto de entrega dos premios, terá lugar o vindeiro día 12 de novembro, ás 20:00 horas, no Parador de Turismo do Ferrol.

NOVA EDICIÓN DO POEMARIO "SOMBRA DE LUNA", DE FRANCISCO ÁLVAREZ - KOKI 
 A editorial Pygmalión Edypro, de Madrid, está a punto de rematar unha nova edición do poemario "Sombra de Luna", de Francisco Álvarez - Koki. Á presentación, que contará coa participación do poeta guaredés, será o vindeiro día 10 de novembro, na Casa das Campás (Rúa Don Filiberto,  9-11), o lado do Teatro Principal, na cidade de Pontevedra.

 Compre salientar que unha parte dos poemas que se inclúen en "Sombra de Luna", tiveran en 1988 unha mención honorífica do Premio Federico García Lorca, que convocaba o Queens` College e o Consulado de España en New York.

LECTURA DE POESÍA NO RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS
 O poeta e escritor Francisco Álvarez - Koki participará nun acto de lectura de poesías da súa autoría, que terá lugar o venres día 13 de novembro, ás 20:00 horas, no Recreo Artístico Guardés. 

 Presentará o autor, o cronista Ricardo Rodríguez Vicente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario