13 de out. de 2015

O ROSAL

OS CABAQUEIROS CONMEMORARON Á ROMANCHA DA PILARICA

Onte foi homenaxeado o investigador rosaleiro Xoán do Tamuxe

O alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela - no centro da imaxe -, á Concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo e outros membros da Corporación Municipal, con Xoán do Tamuxe e súa dona, e o pregoeiro da XXVIII Romancha dos Cabaqueiros, Antonio Giráldez Lomba
Fotos: Luis Dorado Senra


Ricardo Rodríguez Vicente / O Rosal

 Con motivo da conmemoración da festividade da Virxe do Pilar, padroeira do municipio, o Concello do Rosal, coa colaboura da Deputación de Pontevedra, ven de celebrar á XXVIII Romancha do Cabaqueiro. 

 Do amplo programa de actividades compre salientar, en primeiro lugar, ás mostras de cadros pintados ó óleo e tamén algunhas acuarelas, de Valentín Marín Rodríguez, e a de mesas de deseño de Guillermo Vicente Machado, que puderon ademirarse na sala de exposicions do concello e que foron visitadas por moitas persoas.

 Ademáis da misa solemne, cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal, que foi oficiada na honra da Virxe do Pilar, tamén houbo actuacions no auditorio con participación de varios grupos tradicionais, que arrouparon o Grupo do Lusco ó Fusco, co gallo do seu XXX aniversario, e concertos a cárrego do grupo folk Can de Palleiro, así como na Praza do Calvario, a cárrego do Grupo Lirolai e da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal.

 Mención especial merece o acto de recoñecemento que o Concello do Rosal tivo a ben adicarlle o prolífico investigador Juan Bautista Martínez González (Xoán do Tamuxe), pondo en valor súa intensa actividade como escritor, historiador e investigador da nosa cultura, non soio no ámeto do municipio do Rosal, senón en toda á contorna do Baixo Miño, e mesmo no Condado do Tea e tamén no Val Miñor.

 Con moi atinadas verbas, tanto o Alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela, como á Concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo, agradeceron, en nome propio, e de toda á Corporación Municipal, e por suposto, de tódolos rosaleiros, a xenerosa aportación o acervo cultural feita o longo de toda súa vida por Xoán Martínez Tamuxe. 

 Desde Infogauda valoramos moi positivamente ese oportuno recoñecemento a unha persoa que ten rescatado para o disfrute cultural de todos, milleiros de páxinas de nosa Prehistoria e tamén da Historia, do Rosal e dos pobos da contorna, que sen súa iniciativa, probablemente non teríamos o noso alcance, como temos, en forma de publicacions periódicas, colabouras en prensa, libros, reportaxes, etc.


O historiador Xoán do Tamuxe, recibindo do Alcalde, a insignia do Concello do Rosal

 En nome do pobo do Rosal, o Alcalde impúxolle a Martínez Tamuxe á insignia co brasón do Concello, e a Concelleira de Cultura, entregoulle unha figura de Sargadelos representando a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, insigne polígrafo galeguista.

Xoán Martínez Tamuxe - no centro da imaxe - dando lectura o texto de agradecemento polo recoñecemento tributado polo Concello do Rosal


 A continuación, Xoán do Tamuxe - que estivo acompañado pola súa dona -, agradeceu ese acto de homenaxe que lle adicou o concello rosaleiro, e fixo unha breve lembranza de todo o moito que se ten feito no Rosal, nestes 28 anos a prol da Cultura dos Cabaqueiros, citando entre outros logros, ó Monumento o Cabaqueiro, obra do escultor Xosé Antúnez Pousa, o Centro de Interpretación "Os Cabaqueiros do Rosal", así como as memorias anuais da Romancha dos Cabaqueiros, e os pratos conmemorativos, de tódalas edicions, e por suposto as diferentes demostracions en vivo, coa participación dos "rulos cabaqueiros" (veteranos telleiros).

 E antes de dar comezo a tradicional demostración de "taxicar cabacas e toupos a joucha", que no "latín dos daordes" (xerga ou dos telleiros), significa faer tellas e ladrillos a mán, a Concelleira de Cultura presentou o pregoeiro desta edición, Antonio Giráldez Lomba (Vigo, 1963), fillo de pai natural de Oia, e de nai natural do Rosal. Historiador e profesor de Xeografía e Historia no IES Castelao, de Vigo. Membro fundador do Instituto de Estudos Vigueses. 

 Ademais de ter estudado á ocupación francesa da praza de Vigo e a posterior liberación polos veciños, Antonio Giráldez Lomba é autor de varias publicacions, como "1939: La guerra ha terminado"”, “"El año del desastre: 1898"”, “"Recordando los tranvías de Vigo"”, o “"Sobrevivir en los años del hambre en Vigo", "Vigo y su colonia alemana durante la Segunda Guerra Mundial", entre outras.”

 Na súa brillante intervención, Giráldez Lomba comezou falando do seu vencello co mundo das cabaqueiras (telleiras), pois seus avós, tanto o paterno como o materno, foran buxas de telleiras. Despois afirmou que á orixe dos telleiros provén da época dos romanos, os cales truxeron ese oficio, e a partires diso, as cubertas das vivendas dos poboados castrexos, como por exemplo o do Monte Santa Trega, pasaron de seren vexetais a seren de tellas, moito máis duradeiras e seguras. Polo tanto estamos falando dunha actividade que ten máis de dous milenios de antigüidade.

 Rematado o pregón, que Antonio Giráldez Lomba pronunciou de memoria, sen botar man de ningún texto escrito, daría comezo a demostración que protagonizaron varios veteranos cabaqueiros do Rosal e da Gándara (A Guarda), e que foi comentada por Juan Ramón Martínez Barbosa, o cal incentivou a participación dos mesmos cabaqueiros, dando respostas ás preguntas que Juan Ramón lles ía plantexando.

 A xornada festiva remataría con un concerto da Agrupación Musical do Rosal, dirixida por José Javier Bascoy Iglesias, que desde o pasado mes de setembro sustitúe o anterior director Marcel van Bree.

Ningún comentario:

Publicar un comentario