O BNG acusa ao PSOE de non ter proxecto para a promoción de emprego na Guarda
Ángel Luis Baz Vicente (portavoz municipal do BNg no Concello de A Guarda: “O BNG pula por un modelo de promoción de emprego que beneficie á maioría da Guarda”
Ángel Luis Baz Vicente, portavoz do BNG no concello guardés
Infogauda / A Guarda
O Bloque Nacionalista Galego considera "escaso o interese que levanta o programa de formación “Laboratorio de ideas” presentado polo Alcalde da Guarda", así o afirma Ángel Luis Baz Vicente, portavoz nacionalista no concello guardés.
“Hai escasas datas - relembra Ángel Luis Baz - o BNG presentaba unha moción alertando da perda de cursos pola falta de aulas acondicionadas, así como das pautas erráticas que segue o goberno do PSOE na procura de cursos discriminatorios e custosos para o concello. Hoxe vemos como a ampliación do prazo de inscrición do programa “laboratorio de ideas” confirma o escaso interese e a denuncia realizada polo BNG no seu momento”.
En materia de emprego e formación, a diagnose do BNG é á seguinte: "A Guarda necesita un modelo de promoción de emprego e formación de persoas que atenda á maioría da poboación que demanda dunha capacitación para poder optar a un posto de traballo, ben sexa por conta allea ou ben sexa por medio do denominado autoemprego".
“Gastan cartos do concello en formación de dubidosa eficacia mentres perdemos cursos gratuítos, que poden atender a maioría da poboación, por non ter as instalacións municipais en condicións”, comentou Ángel Baz.
"Dende o BNG pulamos por un modelo de formación e de promoción de emprego que dea saída ás maiorías sociais, que son as que máis sofren a crise debido á falta de ferramentas para poder saír adiante", afirma o voceiro nacionalista no Concello de A Guarda.
“Agardamos - conclúe Ángel Luis Baz - que o goberno municipal do PSOE cumpra canto antes o compromiso adquirido ao aprobar a moción do BNG, para que a Guarda dispoña de cursos e obradoiros homologados como acontece en concellos coma Tomiño, con máis de 17 homologacións”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario