22 de out. de 2015

A GUARDA

DEPORTES

O Club San Xerome Emiliani proclamouse onte Campión da Liga de Baloncesto 2015 da FEGADA na categoría de Competición feminina 

Equipo da categoría masculina do Club San Xerome Emiliani, que se proclamou Campión da Liga de Baloncesto 2015 da FEGADA
Fotos: Club Polideportivo San Xerome Emiliani


Daniel Lomba Alonso / A Guarda
Coordinador Club Polideportivo San Xerónimo Emiliani

 O pasado mércores día 21 de outubro, disputouse no Pavillón Municipal do Porriño a terceira e definitiva xornada da Liga de Baloncesto da FEGADA (Federación Galega de Deporte Adaptado). 

 Aspanaex, Asdan, Saladino Cortizo, San Rafael, San Xerome, EsclavasVirgen Dolorosa, Juan XXIII, Méndez Núñez, Saiar, Aceesca, Racing Chapela ePrioriño, presentaron un total de 18 equipos formados por máis de 180 deportistas que disputaron os partidos para decidir os campións de liga nas dúas categorías, competición e adaptada. 

 O equipo feminino tiña a posibilidade de facerse co título se gañaba os partidos ante Esclavas A e Esclavas B, e así o fixo, culminando un campionato no que foron de menos a máis, e no que amosaron unha ilusión e capacidade de esforzo, que tivo coma resultado este gran triunfo. 

Equipo da categoría masculina do Club San Xerome Emiliani

 Pola súa banda, na categoría masculina, os rapaces tamén foron de menos a máis, e estiveron a punto de remontar o seu partido que lles permitiría loitar pola terceira posición, so a falla de tempo fixo que finalmente saísen derrotados e ocupasen a quinta posición definitiva. 

 Noraboa a estes campións, todos eles. Xa estamos a pensar no ano 2016, conformando un grupo con novas incorporacións, que de seguro traballarán duramente e que con esa ilusión que amosan en cada adestramento repetirán os bos resultados acadados este ano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario