FILATELIA
A EXPOSICIÓN “EXFIMIÑO” ABRE A SÚAS PORTAS O VENRES
Nesta vixésima oitava edición homenaxéase o socio fundador Juan Álvarez Sobrino
F. Juan Álvarez Sobrino - nunha imaxe de arquivo - visitando unha mostra filatélica na vila de A Guarda
Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda
Un ano máis a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, coa colaboración do Concello de A Guarda, celebra a súa exposición “Exfimiño” na Casa dos Alonsos, do 23 ao 25 de outubro.
Nesta vixésima oitava edición a mostra filatélica homenaxea ao seu socio fundador e Presidente de honra, F. Juan Álvarez Sobrino. “El foi quen deu pe para que a Sociedade seguise adiante. Era un gran amante da filatelia, iluminábaselle a cara falando de selos. Merécese esta exposición e moito máis”, afirma Marta Verde, compoñente da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, entidade organizadora da mostra.
En total móstranse un total de 47 coleccións chegadas dende A Coruña, Ourense, Vigo, Pontevedra, Tui, O Rosal e A Guarda. Tres pertencen ao propio Juan Álvarez Sobrino, outro tanto son colección da Sociedade Filatélica Guardesa, 5 de Historia Postal, 3 de Tradicional, 14 de Temática, 4 de Clase Aberta, 3 de Enteiros Postales, 2 de Moderna e 10 Xuvenís.
A mostra contará ademais cun selo personalizado onde aparece unha das follas da colección de Juan Álvarez “El pintor y su obra” que realizou nos anos 60. Haberá ademais un mataselos conmemorativo coa imaxe de Juan Álvarez, así como unha das primeiras coleccións de Álvarez cando aínda era un neno e outro álbum que realizou mentres estaba convalecente con 14 anos adornado con debuxos.
Inauguración
A inauguración desta mostra terá lugar na Casa dos Alonsos o venres ás 19,30 horas.
O sábado se poderá visitar a exposición de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas, e o domingo só en horario de mañá.
O domingo, 25 de outubro, tamén se reunirá a Xunta Directiva de FEGASOFI. “Esperamos que durante toda a fin de semana sexan moitas as persoas que se acheguen a exposición xa que hai selos chegados dende moitas e moi diferentes zonas de Galicia”, afirma a organizadora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario