15 de out. de 2015

A GUARDA

SESIÓNS DE CINEMA EN FAMILIA NO CENTRO CULTURAL

A primeira cita é este sábado ás 17,30 horas



Infogauda / A Guarda

 O concello de A Guarda organiza, unha vez máis, sesións de cinema en familia no salón de actos do Centro Cultural. 

 A primeira das proxeccións será este sábado, día 17 de outubro, ás 17,30 horas. A película programada é “As aventuras de Peaboy e Sherman”

 No filme el Sr. Peabody, non é un can normal senón que é un inventor que logra construír unha máquina do tempo. O seu fillo adoptivo Sherman máis el viaxan no tempo para experimentar diferentes acontecementos que cambiaron o rumbo da historia, pero todo cambia cando Sherman racha coas regras da viaxe e poden perder o futuro. 

 A seguinte cita será o sábado 14 de novembro no mesmo horario. Nesta ocasión o filme escollido é “Maléfica”

 A historia que se cambia nesta película é a mesma que en “La bella durmiente” pero cun importante cambio: a perspectiva dende onde se narran os acontecementos. Esta vez a historia se ve dende o punto de vista da perversa villana Maléfica. O seu corazón non foi sempre tan duro senón que houbo acontecementos que a levaron a crer que a maldición sobre Aurora era a mellor opción. 

 A entrada para ambas películas é de balde. Neste caso non fai falla recoller tícket con antelación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario