Convocatoria á homenaxe no 79 cabodano da Volta dos
Nove
Os actos darán comezo ás 12 no cemiterio de Sabarís onde terá lugar unha ofrenda floral fronte á tumba dos Ineses e Dolores Samuelle. Posteriormente marcharase cara á Volta dos Nove onde ademais dunha ofrenda floral haberá unha intervención do historiador Bernardo Vázquez Acuña. Homenaxe que desenvolverase no lugar do monumento á memoria dos Nove, obra do artista Fernando Casás.
Os actos darán comezo ás 12 no cemiterio de Sabarís onde terá lugar unha ofrenda floral fronte á tumba dos Ineses e Dolores Samuelle. Posteriormente marcharase cara á Volta dos Nove onde ademais dunha ofrenda floral haberá unha intervención do historiador Bernardo Vázquez Acuña. Homenaxe que desenvolverase no lugar do monumento á memoria dos Nove, obra do artista Fernando Casás.
Na imaxe varias persoas xunto Monumento á memoria dos Nove, obra do artista Fernando Casás
Foto: IEM
Álvaro Peralta / Baiona
Neste mes de
outubro cúmprense 79 anos do asasinato dos
veciños de Sabarís Ventura Pérez, Dolores Samuelle Álvarez e os irmáns Luís e
José López Luís, "Os Ineses”, en mans da represión franquista na mañá do
13 de outubro de 1936. Ao mesmo tempo, cúmprese un novo cabodano da execución
de nove mariñeiros do Val Miñor acaecida días despois, na madrugada do 16 de
outubro, no lugar de Baiona que agora os lembra, A Volta dos Nove. En honor á
memoria destes veciños e veciñas da nosa bisbarra, o Instituto de Estudos
Miñoranos convoca a unha serie de homenaxes que terán lugar este sábado 17 de
outubro a partir do mediodía.
Os actos darán
comezo ás 12 no cemiterio de Sabarís onde terá lugar unha ofrenda floral fronte
á tumba dos Ineses e Dolores Samuelle. Posteriormente marcharase cara á Volta
dos Nove onde ademais dunha ofrenda floral haberá unha intervención do
historiador Bernardo Vázquez Acuña. Homenaxe que desenvolverase no lugar do
monumento á memoria dos Nove, obra do artista Fernando Casás.
O asasinato dos Nove
O asasinato dos
nove traballadores foi un acto de vinganza das forzas represivas trala morte do
falanxista Luis Refojo, ocorrida en Sabarís, a tarde anterior das execucións.
Refojo formaba parte dunha partida que ingresou a tiros nunha vivenda ocupada
por un home cego (Ventura Pérez), unha muller de 71 anos(Dolores Samuelle
Álvarez, "Perfecta", que traballaba como doméstica) e os irmáns Luís e José López Luís, "Os
Ineses”, fuxidos dos represores, un deles co cargo de ter sido tenente de
alcalde de Baiona durante a República. Unha vez asasinados os ocupantes da
casa, os falanxistas decidiron marchar cara as cadeas de Vigo en busca de
presos políticos sobre os cales descargar a súa ira pola morte do camarada.
Primeiro
chegaron á cadea de Vigo, alí non lle deixaron coller a ninguén, logo foron ao
frontón da rúa María Berdiales que servía tamén de cadea. Meteron nove homes
nunha camioneta e dirixíronse cara a Baiona. As testemuñas discrepan na hora na
que os levaron a Baiona. En todo caso na madrugada do 16 de outubro, sobre a
unha da madrugada nove veciños do Val Miñor foron asasinados á altura do
quilómetro 58 de estrada Pontevedra Camposancos
Os Nove
·
Manuel Aballe Domínguez,
mariñeiro de Panxón, de 41 anos. Fillo de Modesto Aballe Macaya e de
Benita Dominguez Salgueiro. Casado con Antonia Rial Veiro, deixou dous fillas
menores: Eugenio e Víctor.
·
Felicísimo Antonio
Pérez Pérez, mariñeiro de Panxón, 44 anos. Fillo de Antonio Pérez Dominguez e
de Rosa Pérez. Casado, sen fillas.
·
Elías Alejandro Gonda
Alonso "O Ghonda", labrador, de 36 anos, veciño de Santa Cristina da
Ramallosa. Fillo de Ascensión Gonda Alonso. Casado cunha moza de Sabarís,
Angelina Veiga Ríos, deixou tres fillos menores: Isabel, Carmen e Manuel.
· Manuel Francisco Lijó
Pérez "O Lijó"de 34 anos, natural de Corrubedo (Ribeira) aínda que
vivía e traballaba como mariñeiro no barrio do Burgo (Baíña). Fillo de
Francisco Lijó Oliveira e de Ramona Pérez Gonda, estaba casado con
Eugenia Mijón Durán, veciña de Baiona. Deixaría orfos a cinco filias menores de
idade: Mercedes, Manuela, Maximino, Oto e máis Eva.
·
Modesto Fernández
Rodríguez "O Rei Chiquito", 47 anos, mariñeiro, veciño de Panxón,
filio de José Fernández e Dolores Rodríguez. Traballaba como mariñeiro. Do seu
matrimonio con Rosalía Rodríguez Iglesias deixaría seis fillas menores: Gloria,
Lidia, Juan, Enriqueta, Jaime e Álvaro.
· Fidel Leyenda Rodríguez
"Tío Félix", de 51 anos, mariñeiro de Baiona. Fillo de Eulogio Leyenda
Álvarez e de Vicenta Rodríguez Míguez. Casado con Sofía Vieites Penedo, de
Baíña, non deixaba fillos.
· José Rodríguez
González, "O Pelonio". Fillo de Rufina Rodríguez González. Veciño da
Porta da Vila en Baiona. Tiña 45 anos Este mariñeiro deixaría viúva a
Clementina Freire Mosquera, de 43 anos, e orfos a Rogelio, Manuel, José,
Melitón e África.
· Manuel Barbosa Durán,
"O Ferreiro do Burgo". O máis novo dos asasinados, tan só contaba con
30 anos de idade. Mecánico, natural de Bruña, foi vivir a Panxón tras o seu
matrimonio con Julia Sanjuan García. Deixaría catro fillos orfos Oulia, Mª Carmen, Mª Encarnación e Manuel. Os seus pais Alfredo Barbosa e Isabel Durán
Álvarez .
· Generoso Valverde
Iglesias, fillo de Fermín e Constantina. Tamén traballaba como mariñeiro e
contaba, cando segaron a súa vida, 37 anos de idade. Natural e veciño de
Panxón, casado con Aurelia Rodríguez Cabral, deixou seis fillos, todos eles
menores: Generoso, José, Germán, Vicente, Elodia e Constante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario