29 de xul. de 2015

CAMBADOS

Carmela Silva convocará ao sector do viño a unha xuntanza para analizar conxuntamente o seu futuro

A presidenta participou hoxe na inauguración da 63 edición da Festa do Albariño en Cambados

Carmela Silva na inauguración da Festa do Albariño de Cambados


Infogauda / Cambados

 A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou hoxe na inauguración da Festa do Albariño de Cambados que convocará ao sector vinícola a unha xuntanza para analizar conxuntamente o seu futuro.  

 Silva reconoceu o "gran esforzo" do propio sector na internacionalización acometida o longo dos últimos anos e subliñou que "as administracións temos a obriga de comprometernos con el porque ademais forma parte do ADN da provincia de Pontevedra".  

 Neste senso, as conversas mantidas con colleiteiros e bodegueiros ao longo da inauguración e no recorrido polo paseo da Calzada, serviron para que Carmela Silva se marque como obxectivo "que a Deputación poña os instrumentos necesarios para garantir que o sector do viño siga crecendo".  

 A Presidenta recordou que o sector do viño é moi importante en Pontevedra "non so pola súa importante produción senón tamén polo seu atractivo turístico ligado aos paisaxes de toda a provincia".  

 Por último, Silva felicitou á alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, pola excelente organización da festa e, animou a todos os pontevedreses e pontevedresas a achegarse a vila durante estas xornadas.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario