29 de xul. de 2015

A GUARDA

TER A GUARDA LIMPA DEPENDE DE TODOS”


O alcalde espera que todos os guardeses poñan o seu gran de area para que as rúas da localidade luzan limpas e libres de lixo

Fotografías: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello da Guarda quere concienciar ós veciños e veciñas da localidade, e tamén os múltiples visitantes que durante estas datas conviven no municipio, de manter limpas as rúas.

 Baixo o lema “Ter a Guarda limpa depende de todos” o alcalde do municipio, Antonio Lomba Baz, busca que desaparezan os desperdicios e as bolsas con lixo, botellas e caixas de cartón que se acumulan fóra dos contedores.



 Antonio Lomba Baz afirma que cada mañá énchense dous camións de lixo tan só cos desperdicios que se depositan sobre a rúa. Lixo que, en moitas ocasións, os veciños e veciñas deberían levar ao punto limpo.

 Son moitas as campañas que leva realizando o Concello para concienciar ós veciños neste sentido. Na última, os rapaces de A Guarda, foron os emisores das mensaxes que, situadas en diferentes contedores, impulsaban a xente a reciclar e a manter limpa a localidade.

 O alcalde espera que todos os guardeses poñan o seu gran de area para que as rúas da localidade luzan limpas e libres de lixo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario