DEPORTES
XORNADA DE FÚTBOL GAÉLICO NO CAMPO MUNICIPAL DA SANGRIÑA
A actividade está aberta a todo o público e non fai falla unha inscrición previa
Este venres, día 31 de xullo, celébrase na Guarda unha
xornada de Fútbol Gaélico. O obxectivo deste evento é facer unha demostración
e ensinar ós veciños da localidade, e tamén ós múltiples visitantes,
este deporte tan pouco coñecido.
A xornada deste deporte, que pode parecerse ó fútbol pero
no que usan tanto as mans como os pés, celebrarase tanto pola mañá como pola
tarde no Campo Municipal da Sangriña.
Así, a mañá estará adicada a práctica de deporte entre
pais, nais e fillos. De 11:00 a 12:00 horas haberá unha explicación de como se xoga,
de 12 a 13 horas, uns partidos de proba e de 13 a 14 horas o terceiro tempo.
Pola tarde, a actividade está destinada a maiores de 16
anos. Así, de 18:00 a 19:00 horas haberá unha explicación de como se practica este
deporte e as diferentes normas, de 20 a 21 horas uns partidos de proba e
espérase que de 20:00 a 21:00 horas poida xogarse un partido de exhibición.
Dende as 21:00 horas en adiante se celebrará o terceiro
tempo.
A actividade está aberta a todo o público e non fai falla
unha inscrición previa. Todo aquel que precise máis información pode dirixirse
directamente ó Concello ou poñerse en contacto a través da dirección
deporte@aguarda.es.
Ningún comentario:
Publicar un comentario