O CONCELLO DA GUARDA PREPARA UNHA “FESTA DO AVÓ” CON MOITO BAILE E RISAS ASEGURADAS
A festa estará amenizada polo Grupo Sabor e ademáis contará coa actuación de Pedro Brandariz, un dos cómicos galegos máis emerxentes. Este actor, showman, clown, monologista ou contacontos, é unha das caras máis recoñecidas da TVG
Infogauda /A Guarda
O vindeiro domingo día 12 de xullo, o Concello da Guarda,
organiza a “Festa do Avó” para render unha pequena homenaxe ós veciños da terceira idade da localidade.
O evento, que terá lugar, na carpa instalada no Porto da
vila, comezará cunha charla de Don Jesús García Villadóniga, párroco da Guarda e a presentación da
raíña e damas do Clube da 3ª Idade.
A festa estará amenizada polo Grupo Sabor, que animará a
bailar a todos os presentes. Ademais contarán coa actuación de Pedro Brandariz,
un dos cómicos galegos máis emerxentes. Este actor, showman, clown, monologista
ou contacontos, é unha das caras máis recoñecidas da TVG, grazás á intervención
en diferentes programas e series, pero sobre todo no programa Luar, acompañando
a Xosé Ramón Gayoso.
O Concello repartirá rosca e sidra entre todos os
asistentes e ten programado un sorteo para que poidan levarse diferentes
agasallos.
A festa comeza ás 16:30 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario